NORMAL http://istoenormal.org/ Eventos programados en NORMAL, espazo de intervención cultural da UDC gl-gl Mon, 18 Feb 2019 13:10:47 GMT Mon, 18 Feb 2019 13:10:47 GMT http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Textpattern juanjo@efimera.com (Juanjo Seixas) juanjo@efimera.com (Juanjo Seixas) Introdución ao Contact improvisation. Como entrar en contacto cunha jam http://istoenormal.org/actividades/como-entrar-en-contacto-cunha http://istoenormal.org/actividades/como-entrar-en-contacto-cunha

Aberto o prazo de pre-inscrición para este obradoiro, que será de balde, que non precisa experiencia previa e para o que haberá que inscribirse no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal enviando nome completo e DNI das persoas interesadas.

A actividade celebrarase o sábado 2 de marzo, de 17 a 20 horas na Aula de Danza de Normal, con peche de portas ás 16.45 horas.
Mon, 18 Feb 2019 13:10:47 GMT
Nova edición de Universo Coruñento, con Xurxo Souto http://istoenormal.org/actividades/nova-edicion-de-universo-corunento-con-xurxo-souto http://istoenormal.org/actividades/nova-edicion-de-universo-corunento-con-xurxo-souto

Para descubrir unha Coruña que descoñecías e que che sorprenderá, Normal volve a programar da man de Xurxo Souto catro novas rutas pola cidade que serán de balde e que acollerán a un máximo de 25 persoas cada unha. Hai 25 prazas dispoñibles para cada unha das rutas. que se efectuarán entre o 10 de febreiro e o 12 de maio, e poderás inscribirte escribindo ao enderezo electrónico: normal.comunicacion@udc.es indicando nome e apelidos, ruta escollida e un teléfono de contacto.

Wed, 13 Feb 2019 09:25:04 GMT
Exposición EXIT. Camiñando coa pintura e poesía_ARTencontros. Do 13 de febreiro ao 28 de marzo. http://istoenormal.org/actividades/exposicion-exit-caminando-coa-pintura-e-poesia_artencontros-do-13-de-febreiro-ao-28-de-marzo http://istoenormal.org/actividades/exposicion-exit-caminando-coa-pintura-e-poesia_artencontros-do-13-de-febreiro-ao-28-de-marzo

Exposición baseada no traballo feito no obradoiro de creación gráfica, pictórica e audiovisual a partir da poesía de Eva Veiga. Traballo dirixido por Gosia Trebacz

Tue, 12 Feb 2019 11:49:30 GMT
Convocatoria de matrícula dos obradoiros do segundo cuadrimestre do curso 2018-19 http://istoenormal.org/actividades/convocatoria-de-matricula-dos-obradoiros-do-segundo-cuadrimestre-do-curso-2018-19 http://istoenormal.org/actividades/convocatoria-de-matricula-dos-obradoiros-do-segundo-cuadrimestre-do-curso-2018-19

O prazo de matrícula comezará o día 14 de xaneiro de 2019 e rematará o 3 de febreiro de 2019, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.

Mon, 11 Feb 2019 09:40:06 GMT
Conversas coa dirección: Triloxía do perdedor, con Sepi Bazarra http://istoenormal.org/actividades/conversas-coa-direccion-triloxia-do-perdedor-con-sepi-bazarra http://istoenormal.org/actividades/conversas-coa-direccion-triloxia-do-perdedor-con-sepi-bazarra

Pódese chamar Triloxía do Perdedor a estas curtas políticamente incorrectas, que son o resultado dos primeiros traballos da produtora DangaDanga. O protagonista ten unha sociopatía brutal e unha visión cáustica da vida. Son un retrato sociolóxico dos comezos do século XXI, nihilista e sazonado con apuntamentos acedos.

Tue, 05 Feb 2019 09:19:27 GMT
Conversas coa dirección: Arte + Muller +Galicia. Con Rosario Sarmiento http://istoenormal.org/actividades/conversas-coa-direccion-arte-muller-galicia-con-rosario-sarmiento http://istoenormal.org/actividades/conversas-coa-direccion-arte-muller-galicia-con-rosario-sarmiento

Un achegamento ao traballo daquelas mulleres artistas cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galicia. A través das biografías, as obras e fundamentalmente os testemuños destas artistas pertencentes a diferentes xeracións e ámbitos creativos.

Tue, 05 Feb 2019 08:58:27 GMT
Conferencia na Facultade de Dereito: Liberdade de expresión e dereitos humanos http://istoenormal.org/actividades/conferencia-na-facultade-de-dereito-liberdade-de-expresion-e-dereitos-humanos http://istoenormal.org/actividades/conferencia-na-facultade-de-dereito-liberdade-de-expresion-e-dereitos-humanos

Dentro das actividades complementarias da exposición Carabanchel ofrecemos unha conferencia co título: Liberdade de expresión e dereitos humanos, que será impartida por Cristina Ramallo Machín, avogada de Amnistía Internacional, a partir das 12:00 horas na Sala de Vistas da Facultade de Dereito

Mon, 04 Feb 2019 13:36:01 GMT
Introdución ao Contact improvisation. Como entrar ao contacto nunha jam. 2 de marzo http://istoenormal.org/actividades/introducion-ao-contact-improvisation-como-entrar-ao-contacto-nunha-jam-2-de-marzo http://istoenormal.org/actividades/introducion-ao-contact-improvisation-como-entrar-ao-contacto-nunha-jam-2-de-marzo

Aberta a pre-inscrición para o obradoiro: Contact improvisation. Como entrar en contacto nunha jam. Para a inscrición neste obradoiro, que será de balde, non se precisa experiencia previa.

Formalizarase a pre-inscrición escribindo ao enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal, solicitando a admisión no obradoiro e indicando nome, DNI e teléfono de contacto.

Sun, 03 Feb 2019 16:00:00 GMT
Presentación do libro de Xurxo Souto: A gran travesía de Chiruca Macallás http://istoenormal.org/actividades/presentacion-do-libro-de-xurxo-souto-a-gran-travesia-de-chiruca-macallas http://istoenormal.org/actividades/presentacion-do-libro-de-xurxo-souto-a-gran-travesia-de-chiruca-macallas

Xurxo Souto fará a presentación do seu libro ás 19.30 horas no Cubo de Normal.

Thu, 31 Jan 2019 13:41:53 GMT
Exposición de Clemente Bernard na Facultade de Dereito. Do 23 de xaneiro ao 12 de febreiro http://istoenormal.org/actividades/exposicion-de-clemente-bernard-na-facultade-de-dereito-do-23-de-xaneiro-ao-12-de-febreiro http://istoenormal.org/actividades/exposicion-de-clemente-bernard-na-facultade-de-dereito-do-23-de-xaneiro-ao-12-de-febreiro

O cárcere de Carabanchel: símbolo da represión

Ao finalizar a guerra civil, as autoridades franquistas plantexáronse a creación dun novo cárcere en Madrid, debido á gran cantidade de prisioneiros de guerra e á deterioración doutros cárceres tras os bombardeos. O cárcere de Carabanchel foi construída entre 1940 e 1944 por máis de 1.000 prisioneiros en réxime de traballos forzados. Inaugurouno o 22 de xuño de 1944 o Ministro de Xustiza, o falanxista Eduardo Aunós.

Thu, 31 Jan 2019 13:24:42 GMT